Axudas por un importe de 75.000 euros para os deportistas lucenses

A Deputación vén de aprobar as bolsas de axuda económica para deportistas lucenses que terán un importe mínimo e máximo de 300 ata 1.500 euros.

Imaxe de arquivo da Gala do Deporte/Deputación de Lugo

As axudas, anunciadas polo Deputado de Deportes Pablo Rivera Capón, están destinadas para deportistas individuais de Lugo.

Para acceder ás bolsas todos os deportistas que así o desexen deben posuír ficha federativa durante o 2018 e ter participado en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal ou internacional dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2017. Ademais, deben manter  a súa actividade deportiva no momento de solicitar a axuda.

As bolsas, cun importe máximo de 1.500 euros e mínimo de 300, estarán dispoñibles para aqueles amantes do deporte cunha idade máxima de 35 anos durante o 2017. Este criterio de idade non será aplicable no caso de posuír capacidades diferentes.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here