Plan de emprego para mozas e mozos da provincia

A Deputación Provincial de Lugo e o Goberno Central financian con 300.000 euros un novo plan de emprego para lucenses de entre 16 a 30 anos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.

Comunicación do acordo da Xunta de Goberno. Fonte: Prensa Deputación de Lugo

O acordo entre as dúas administracións tivo lugar este pasado venres na Xunta de Goberno do organismo provincial. Dos 300.000 euros que se dedicarán a esta acción, o Executivo de España achega 271.000 euros e a cantidade restante o organismo provincial.

O plan contempla varias liñas de actuación: bolsas para que mozas e mozos lucenses se formen en nichos de emprego da provincia, axudas directas a autónomos e/ou empresas do territorio que garantan a contratación destes novos profesionais e tamén achegas económicas para aquelas rapazas e aqueles rapaces que decidan emprender, abrindo o seu propio negocio na provincia.

Este programa arrincará o vindeiro mes de xuño con sesións informativas para mozos/as e empresas. O 90 % dos fondos recibidos do Goberno Central proveñen dun pioneiro plan estatal de fomento do emprego en concellos de menos de 5.000 habitantes para ofrecer oportunidades no rural e combater o seu despoboamento demográfico.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here