InicioTerra de LemossanidadeO BNG reclama á Xunta máis persoal para a Unidade de Atención...

O BNG reclama á Xunta máis persoal para a Unidade de Atención Temperá do HULA

O día 20 deste mes XdL informaba de que unha vintena de familias da zona centro e sur da provincia, con nenos menores de 6 anos, se unían para denunciar servizos insuficientes no HULA para os cativos con diversidade e discapacidade. Esta semana o BNG anuncia que defenderá no Parlamento que se dote de persoal suficiente a Unidade de Atención Temperá do HULA.

Publicado o

- Advertisement -

A deputada no Parlamento de Galiza polo BNG, Olalla Rodil, asegura, despois de reunirse coas familias afectadas que “A falta de persoal e a infrautilización das instalacións están a obrigar ás familias a levar as súas fillas e fillos a clínicas privadas co correspondente sobrecuste económico que, en moitos casos, nin sequera poden afrontar”.

A Atención Temperá é un servizo dirixido a menores de 6 anos, cativos con importantes trastornos no desenvolvemento que teñen dereito a recibir unha atención cento por cento pública e de calidade que lles garanta mellores condicións de vida e maior autonomía tal e como recolle o Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede galega de Atención Temperá. No caso de Lugo, Olalla Rodil, denuncia que non se cumpre.

Así, desde o BNG sinalan que existe unha importante lista de espera en Logopedia e Terapia Ocupacional, dous servizos fundamentais da Unidade. “A logopeda titular está en xubilación parcial anticipada, traballa os 5 primeiros días laborables de cada mes e os demais días cúbrense cunha persoa substituta, unha soa persoa é insuficiente para atender as necesidades que hai xa que existe lista de agarda”. Segundo Olalla Rodil “igual acontece coa terapeuta ocupacional que ten unha listaxe de espera de 20 persoas porque tamén, só hai unha e atende só de mañás.  Esta situación está a obrigar a moitas familias a acudir á privada para poder proporcionar ás súas fillas e fillos a atención que necesitan pero aquelas nais e pais que non teñen recursos económicos suficientes “directamente están desesperadas”.

Para acabar con esta situación desde o Bloque Nacionalista Galego instan á Xunta de Galiza a que dote o servizo co persoal suficiente en horario de mañá e de tarde “para aproveitar todo o potencial das instalacións e garantir os dereitos das nenas e nenos a recibir unha atención pública e de calidade que lles permita mellorar a súa calidade de vida e gañar autonomía”.

Acceso á información de XdL 20 de maio.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...