InicioSucesosUnha persoa ferida tras un novo accidente de tractor en Taboada

Unha persoa ferida tras un novo accidente de tractor en Taboada

Publicado o

- Advertisement -

Un home resultou ferido despois de envorcar o tractor que conducía nunha leira este mediodía no lugar de Carballo, no termo do municipio lugués de Taboada.

Segundo os servizos de emerxencias o home atopábase ferido aínda que estaba liberado. O suceso ocorreu preto das 12,15 horas, momento no que os servizos sanitarios comunicaron ao 112 Galicia a saída dun helicóptero medicalizado por un accidente de tractor nunha leira particular.

Posteriormente o home non tivo que ser trasladado en helicóptero, aínda que a aeronave medicalizada xa se trasladou ata a zona e tomara terra no lugar do suceso. O incidente concluíu co desprazamento do paciente en ambulancia ata os centros hospitalario de referencia, explicou o 112 Galicia.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...