Ferido un home despois de ser arroiado polo seu propio tractor en Chantada

Tractor realizando traballos agrícolas / GC.

Un home resultou ferido despois de ser atropelado polo seu propio tractor con pa no municipio de Chantada nA tarde deste xoves.

Bombeiros de Chantada informaron que o home, J.L., quedou atrapado entre o portalón do garaxe e o tractor, que se precipitou sobre o condutor cando baixou para abrir o portón.

Ao parecer, o home puxo o freo de man antes de baixarse do vehículo, pero “algo fallou” e o tractor deslizouse ata atrapar o home entre a parede da pequena nave e o propio automóbil.

Foi unha persoa que o viu quen deu aviso ao 112-Galicia. Na súa chamada informou de que o ferido non podía liberar unha das súas pernas nin a cintura.

De inmediato, os servizos de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, os bombeiros, a garda civil, a policía local e protección civil.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here