InicioTerra de LemossanidadeA saúde pública queda sen odontólogos na época estival

A saúde pública queda sen odontólogos na época estival

Publicado o

- Advertisement -

O Sergas leva anos sen cubrir as prazas médicas en época estival sexa cal sexa a especialidade por mor das vacacións estivais. Os recortes en sanidade son a causa máis directa deste feito.

Dende a CIG-Saúde Monforte denuncian que desta volta será a especialidade de odontoloxía a que quede sen especialistas que cubran as vacacións nos diferentes centros do sur lucense. Isto supón que, cando un doente teña cita co odontólogo no verán o e o que se lle corresponde por área sanitaria esté de vacacións, o usuario terá que desprazarse a onde lle ordenen no seu centro de saúde se quere seguir co tratamento pola vía pública. Este feito provoca que usuarios como os do centro de saúde de Caraballedo, teñan que desprazarse ata 40 quilómetros das súas casas para ser atendidos en Monforte porque o seu odontólogo en Chantada está de descanso.

Por todo isto, dende CIG-Saúde demanda a cobertura dos odontólogos de atención primaria e a dos demais profesionais nas súas ausencias.

 

 

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...