Cortada a estrada en Belesar tras afundirse parte da calzada debido ás intensas choivas

Imaxe do desprendemento de terras que obrigou a cortar a estrada en Belesar, Lugo | Fonte: Deputación

A estrada provincial que vai de Belesar a Chantada por Camporramiro, a LU-P-1804, foi cortada este xoves debido a un desprendemento de terra e o afundimento de parte da calzada debido ás intensas choivas, informou a Deputación Provincial.

En concreto, afundiuse parte do firme no punto kilómetrico 6, no propio pobo de Belesar, fronte ao embarcadoiro da Deputación, e, para garantir a seguridade dos vehículos, procedeuse a cortar a vía. O tráfico pode desviarse pola ponte de Belesar ou pola estrada LU-553.

O servizo de xestión territorial da Deputación colocou nos dous cruces avisos de advertencia do corte e os técnicos farán unha valoración económica os próximos días dos danos.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, indicou que a institución traballará con “a maior celeridade posible” para reabrir a estrada.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here