IniciosociedadeLugo supera a marca dos 1.000 casos activos no medio da terceira...

Lugo supera a marca dos 1.000 casos activos no medio da terceira onda de Covid

A evolución da pandemia en Galicia deixa rexistros máximos no número de contaxios detectados nun día (1.135), casos de covid-19 activos (11.666) e taxa de positividade nas probas PCR practicadas (12,9%).

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo sobrepasa xa a marca dos 1.000 casos activos de Covid. Son, en concreto, 1.031 as persoas que agora mesmo están pasando a enfermidade na provincia de Lugo, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desta maneira, nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 84 novos contaxios a través da proba PCR. Isto implica un aumento de 9 casos con respecto aos rexistrados na pasada xornada, cando se detectaron 75.

A situación nos hospitais case non varía. Das 1.031 persoas contaxiadas, 35 atópanse en unidades de hospitalización, cifra que non se modificou con respecto ao venres. Con todo, unha persoa máis está en coidados intensivos (UCI). O reparto por hospitais queda, pois, do seguinte xeito: o Hospital Público da Mariña atende 14 pacientes infectados, o C.H.U. de Lugo conta con 16 – entre eles, os catro da provincia en coidados intensivos (+1) -, e o Hospital de Monforte rexistra cinco pacientes.

No histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 6.968 altas e 8.156 casos acumulados dende o inicio da pandemia. Fixéronse, ademais, un total de 139.111 probas PCR.

GALICIA, NOVO RÉCORD

A evolución da pandemia en Galicia deixa este sábado rexistros máximos no número de contaxios detectados nun día (1.135), casos de covid-19 activos (11.666) e taxa de positividade nas probas PCR practicadas (12,9%). Todo iso nunha xornada na que as hospitalizacións frean o crecemento mantido na última semana, aínda que as áreas sanitarias suman dous novos ingresados con coronavirus que deixan o total en 597, 91 en coidados intensivos.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...