InicioEconomíaBaixa o paro no sur da provincia, pero...

Baixa o paro no sur da provincia, pero…

O aumento da temporalidade nos contratos a menores de 25 anos ensombrece os datos do paro no sur da provincia, onde a única comarca que aumentou o número de parados foi Chantada, segundo apuntan desde CCOO

Publicado o

- Advertisement -

O mes de xullo cumpliu coa súa tendencia habitual e reduciuse o número de parados no sur da provincia de Lugo en 88 persoas. En base aos datos da Secretaría de Acción Sindical de CCOO a comarca de Lemos conta con 1.638 parados, a de Quiroga con 273 e con 607 a de Chantada (única comarca que incrementa o número de parados con 4). Por concellos as cifras son:

Bóveda 51

Monforte de Lemos 1.141

O Saviñao 179

Sober 91

A Pobra do Brollón 71

Pantón 105

Quiroga 184

Folgoso do Courel 33

Ribas de Sil 56

Chantada 415

Carballedo 79

Taboada 113

Redúcese o paro, pero aumenta a temporalidade. Segundo CCOO o 70% dos contratos a mozos menores de 25 anos son temporais. De todos os contratos feitos en xullo somentes o 6% son indefinidos. O sindicato tamén centra a atención no colectivo de  maiores de 52 anos, que considera está condenado á exclusión social ao non poder cobrar o subsidio de 426€. por non ter cargas familiares.

Denuncias por estafa e prácticas antisindicais

A Secretaría de Acción Sindical denunciou a Gescor, concesionaria dos comedores dos institutos de Monforte por confeccionar máis dunha decena de nóminas estafándolles aos traballadores o 50% do salario de xuño. CCOO denunciou tamén a unha empresa do sector mineiro por despedir a un traballador que se negou a realizar horas extras. Lembran desde o sindicato que  o estatuto mineiro prohibe realizar horas extras, por eso esperan que haxa unha setencia exemplar contra este tipo de prácticas que califican de antisindicais.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...