InicioMedio ambiente e PatrimonioArrincan as obras de sinalización da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Arrincan as obras de sinalización da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Tamén se levarán a cabo estes labores en Monterrei e Valdeorras.

Publicado o

- Advertisement -

Xunta empeza este martes as obras de sinalización das Rutas do Viño da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras co fin de instalar novos indicadores actualizados que recollan os establecementos e concellos que forman parte destes itinerarios turísticos. En concreto, os traballos inclúen a unificación de tipos de paneis direccionais urbanos e carteis con frecha baixo un modelo único, ademais de simplificar a sinalización en interseccións e reforzar as indicacións de lugares emblemáticos e puntos que poidan levar a erro. O orzamento para levar a cabo as obras é de 322.000 euros.

Segundo expón a Xunta nun comunicado, a nova sinalización abarcará, dentro da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, os concellos ourensáns da Teixeira, Castro Caldelas e Parada de Sil, así como os lucenses de Monforte de Lemos, Pantón, Chantada e Quiroga. Na Ruta do Viño de Valdeorras, os municipios de O Barco, Rubiá e Petín; e na Ruta do Viño de Monterrei, os concellos de Monterrei, Verín e Oímbra.

As rutas inclúen recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico entre os que se poden atopar, ademais das adegas, outros establecementos con servizos de restauración e hospedaxe, museos, artesanía e instalacións de lecer. A actuación enmárcase no apoio da Xunta ao enoturismo e ás experiencias turísticas vinculadas ás Rutas do Viño, tras a colaboración establecida polo Goberno galego coas asociacións das Rutas do Viño para aplicar as medidas de prevención ante a covid-19 nos percorridos.

Ademais, a Xunta ampara a marca paraugas ‘Enoturismo Galicia’, que engloba experiencias personalizadas como estes itinerarios que buscan contribuír á “desestacionalización do turismo” en Galicia. O viño trátase, por tanto, dun dos produtos turísticos que “axuda a diferenciar a oferta” e a “promover Galicia como un destino confiable e de calidade”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...