InicioComarca de ChantadaChantadaOutro contaxio masivo en Chantada tras unha comida entre amigos

Outro contaxio masivo en Chantada tras unha comida entre amigos

O Sergas dá por controlado este novo contaxio masivo.

Publicado o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou un brote de Covid-19 con dez casos positivos no municipio de Chantada con orixe nunha comida dun grupo de amigos.

Así o confirmou este luns o xerente da área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte, Ramon Ares Rico, quen explicou que en relación á situaciónde da pandemia no distrito de Monforte, na zona sur da provincia, agora mesmo hai “un brote activo en Chantada” que “se iniciou con oito casos, todos relacionados entre si, que veñen dunha comida dun grupo de amigos”, a finais da semana pasada.

O xerente explicou que se fixeron os cribados “de todos os contactos e saíron dous máis”, o que elevou de oito a dez os contaxios. “Levamos dous días sen que teñamos achega de novos casos”, abundou.

Por iso, Ares Rico resaltou que este brote de Covid “está acoutado” despois de xurdir de “unha comida dun grupo de amigos”. “Está acoutado a este grupo”, insistiu.

Con todo, apelou a “ter moito coidado” e manter “todas as medidas de seguridade” porque “a pandemia non acabou e o virus segue circulando”. “Se lle damos oportunidade e non mantemos a distancia ata que non esteamos cunha porcentaxe máis alta de vacinación o risco de que as persoas máis novas se poidan infectar e seguir transmitindo a infección é alto”, concluíu.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez dona ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...