O PP volve pedir explicacións ao presidente da Confederación Miño-Sil polo baixo nivel de auga en Belesar

Elena Candia considera que as razóns dadas ata o momento "non convencen".

Candia en Belesar / PP provincial

A presidenta provincial do Partido Popular en Lugo e deputada autonómica, Elena Candia, volveu a esixir explicacións ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil polo baixo nivel dos encoros galegos de titularidade estatal. “Pedimos explicacións e responsabilidades. O que nos dixo ata a data non nos convenceu”, remarcou na súa visita á presa de Belesar ao seu paso por Chantada.

A responsable do PP de Lugo dirixiu as súas declaracións ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e secretario de organización do PSdeG, José Antonio Quirgoa. “Está máis preocupado por atacar aos rivais internos do secretario xeral dos socialistas galegos que polo seu deber de control ambiental”, reprochou.


Así mesmo, subliñou que se se compara “o nivel de auga dos encoros galegos con respecto a outros estatais, a diferenza é negativa para os de Galicia”. Por iso, pediu ao Goberno e á Confederación Hidrográfica que “concreten un nivel mínimo de explotación en relación ao contexto actual de cambio climático”.

Os populares rexistraron “iniciativas no Parlamento, o Congreso e o Senado” para que “aclaren as circunstancias nas que se produciu o baleirado dos encoros competencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here