IniciosociedadeComo podo preparar as probas para os Celga e cando me teño...

Como podo preparar as probas para os Celga e cando me teño que inscribir?

O prazo para presentar as solicitudes de inscrición irá do vindeiro luns 21 de marzo ata o venres 8 de abril e a oferta dos cursos de autoaprendizaxe ofrecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade verase aumentada.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta vén de publicar este venres 18 de marzo no DOG a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega, os Celga. A realización das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 está prevista, como é costume, para os meses de maio e xuño en Santiago de Compostela e Ponferrada. As datas concretas das probas así como os lugares exactos para facelas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Portal da Lingua Galega.

O prazo para presentar as solicitudes de inscrición e, consecuentemente, o do pagamento da taxa correspondente (16,92 €) irá do vindeiro luns 21 de marzo ata o venres 8 de abril. Tanto as solicitudes como o xustificante de pagamento poderán presentarse a través da  sede electrónica da Xunta de Galicia ou de modo presencial.

Esta convocatoria de probas Celga é a primeira que a Xunta efectúa en 2022 e, se as circunstancias o permiten, a previsión é que, como o ano pasado, volva publicarse unha segunda convocatoria para realizar máis exames antes de que remate o ano.

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN

De cara á preparación destas probas, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciou o xoves 17 de marzo a ampliación da oferta dos cursos de autoformación ofrecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Desde hai un ano, ofrécese un curso de autoaprendizaxe en liña do Celga 1, no que ata o de agora se inscribiron máis de 3000 persoas, e a partir de agora ampliarase a oferta formativa con cursos de autoaprendizaxe en liña do Celga 2 e do Celga 4. O Celga 3 queda pendente de desenvolvemento para o vindeiro ano.

Esta modalidade de formación ten dous puntos fortes: o primeiro, que non ten límite de prazas e, o segundo, que permite o acceso desde calquera lugar do mundo “pois cada vez son máis os descendentes de galegos e galegas da diáspora que se interesan por coñecer e estudar a lingua”, dixo o secretario de Política Lingüística, Valentín García.

Para inscribirse nestes cursos, que estarán dispoñibles a partir do día 21 deste mes, as persoas interesadas deberán acceder á Plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Portal da Lingua Galega.

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...