A fotografía para promocionar a viticultura da Ribeira Sacra

A Asociación Manuel Jorge de Chantada organiza o II Concurso Fotográfico Christina Snelman que repartirá 3.000 euros en premios e que se abre a todo o territorio da Ribeira Sacra cunha categoría específica para centros de ensino.

Entrega de premios da 1a edición do concurso, adicado á arquitectura románica / Asociación Manuel Jorge

Esta segunda edición do concurso leva por título “Viña Sacra” e faise coincidindo co comezo da vendima na Ribeira Sacra e co obxectivo de amosar o mundo da viticultura no territorio ribeirao facendo fincapé no cultivo e na elaboración do viño, desde unha perspectiva cultural, paisaxística e etnográfica​.

O concurso ten unha categoría xeral aberta a participantes maiores de 16 anos e, como novidade incorporan unha ​sección para centros educativos​. Con isto, a Asociación pretende impulsar a creación artística e visual entre os máis novos, poñendo en valor o seu territorio.

As fotografía deben ser do territorio da D.O. Ribeira Sacra, tanto da provincia de Lugo como de Ourense, e con cada fotografía debe incluirse a xeolocalización de onde foi tomada a imaxe. O  14 de xaneiro​ remata o prazo para a presentación das fotogafías.

Establécense os seguintes premios:

CATEGORÍA XERAL

  • 1o Premio: 1.000,00 €
  • 2o Premio: 400,00 €
  • Accésit I : 100,00 €
  • Accésit II : 100,00 €

CATEGORÍA ESCOLAR

  • Premio ó mellor Centro de Secundaria (CPI, IES ou FP): 600,00 €
  • Premio ó mellor Centro de Primaria (CPI e CEIP): 600,00 €
  • Accésit Centro Secundaria : 100,00 €
  • Accésit Centro primaria : 100,00 €

Os premios entregaranse na inauguración da ​exposición coas fotografías seleccionadas​, que tratará de coincidir coa Feira do Viño de Chantada, para darlle proxección ás obras presentadas. Esa exposición irá despois a outros espazos expositivos, como sucedeu con «Pedra Sacra» que foi exposta en Chantada, Carballedo e Taboada e na actualidade, forma parte da retrospectiva sobre Manuel Jorge que está no Museo Provincial de Lugo.

As imaxes enviaranse a airoa55@gmail.com, manueljorgechantada@gmail.com

Para máis información: Mercedes Vázquez (Pta. AMJCh) 658 974 263 Cristina de la Torre (Prensa) 637 55 89 79

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here