6.000 euros para novos proxectos xornalísticos e de comunicación audiovisual

A III Bolsa Nacho Mirás para novos titulados en xornalismo en comunicación audiovisual está organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración ca Universidade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela e patrocinada por Abanca

Sede do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia/Google Maps

Os novos titulados en Xornalismo e Comunicación Audiovisual dos últimos 5 anos teñen ata o 31 de maio para poder optar a unha bolsa de 6.000 euros cun proxecto inédito e sen ningún tipo de financiamento, nin público nin privado.

As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación.

Os interesados deben enviar o formulario de inscrición a xornalistas@xornalistas.gal xunto ca fotocopia do título, unha descrición do proxecto e cronoloxía de cada traballo, o orzamento estimado e unha nota sobre o autor, que pode vir acompañado do seu currículo.

Pódese consultar toda a información na páxina web  Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here