Investigado un veciño de Ourense por delito de incendio forestal en Carballedo

Vehículo da Garda Civil / XdL

A Garda Civil investiga no termo municipal de Carballedo (Lugo), a un veciño de Ourense, de 54 anos de idade, como suposto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave. Os feitos tiveron lugar o pasado día 26 de febreiro, cando tras unha queima de restos de poda nunha viña situada no termo municipal de Carballedo, iníciase un incendio que afectou a varias hectáreas. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here