InicioEconomíaMario Docasar destaca a diminución do paro na comarca de Lemos

Mario Docasar destaca a diminución do paro na comarca de Lemos

O sur lucense destaca pola súa dependencia do sector servizos en canto a contratación laboral e pola escasa industrialización da zona

Publicado o

- Advertisement -

Mario Docasar portavoz do sindicanto CCOO para Lugo salienta a incorporación ó mundo laboral de 1.809 persoas na zona sur lucense o que implica que, actualmente, 2.596 persoas da comarca non teñan traballo.

Os sector que máis emprego xerou foi o sector servizos con 1.639 incorporacións. Os 170 restantes repártense entre a construcción e a agricultura. Dende CCOO manifestan a súa preocupación ante iste datos que veñen a constatar que o sur lucense depende maioritariamente do sector terciario.

Por outra banda, o sindicato tamén manifesta que o sector industrial e da construcción ten moi pouco peso na economía, pois so o 6.5% das novas incorporacións a empresas o fixo nesta especialidade.

Finalmente, o sindicato insta ó goberno á derogación da reforma laboral existente na actualidade, pois, segundo eles, é a culpable da precariedade laboral existente na actualidade.

ÚLTIMAS

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración...

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...