Ampliación das vías de recadación para os Concellos por parte da Deputación

Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Láncara, Monforte de Lemos, O Páramo, A Pobra do Brollón, Quiroga, Sober, Taboada, son os primeiros 11 concellos do sur lucense que se sumaron a este proxecto promovido pola Deputación de Lugo

Firma do convenio por parte dos alcaldes ca Deputación/Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo ven de asinar o convenio de colaboración cos primeiros 51 concellos da provincia que se sumaron a este iniciativa de acadar novos ingresos para as arcas municipais mediante a aplicación de taxas ás empresas enerxéticas pola ocupación de espazos públicos municipais. Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Láncara, Monforte de Lemos, O Páramo, A Pobra do Brollón, Quiroga, Sober, Taboada, son os primeiros 11 concellos do sur lucense que se sumaron a este proxecto.

O Goberno da Deputación dende a Área de Cooperación dos Concellos elaborou un estudo previo que recolle a tipoloxía de liñas eléctricas coas que contan os Concellos e a lonxitude de ocupación das mesmas os bens de titularidade pública municipal. Deste xeito, os Concellos adheridos contarán con novas vías de ingresos que redundarán no beneficios dos veciños.

Campos Conde, presidente da Deputación, explicou que primeiro contratarase un estudo que determinará o espazo público municipal que ocupan en cada un dos Concellos as empresas de luz e gas para o transporte da enerxía. Acadarase deste xeito un rexistro técnico, económico e xurídico, que permitirá fixar as respectivas taxas municipais ás enerxéticas. Todo iso recollerase nunha ordenanza que aprobarán os Concellos para a súa aplicación, comezando así a recibir uns ingresos, que na actualidade non perciben, para poder destinalos á mellora das prestacións publicas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here