Morre un operario forestal en Chantada tras caerlle unha árbore enriba

Outro traballador resultou ferido e tivo que ser evacuado ao HULA.

Monte/ Arquivo GC

Un operario faleceu na mañá deste luns despois de caerlle encima unha árbore cando realizaba o seu traballo no monte en Sabadelle, na localidade de Chantada. Outro compañeiro seu tamén resultou ferido no mesmo accidente laboral mentres realizaban unha talla. Foi evacuado por persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo informa o 112, recibiuse a chamada de alerta do persoal sanitario sobre as 11:00 horas da mañá. O 112 alertou tamén a Garda Civil, a Policía Local e a Protección Civil.

Tamén foron informados os Bombeiros de Chantada para axudar na evacuación dos accidentados, pois a zona presentaba dificultades de acceso ao persoal médico, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención, concretaron por parte do 112.

Ao lugar, o 061 enviou unha ambulancia, un médico e o helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender os dous pacientes, un dos cales faleceu no sitio do sinistro. O traballador morto, de nacionalidade rumana, tiña 33 anos e era veciño de Chantada. O compañeiro ferido é do concello de Taboada, tamén rumano, e presenta unha rotura nun perna.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here