InicioTerra de LemossanidadeO Sergas segue aplicando recortes no sur lucense

O Sergas segue aplicando recortes no sur lucense

Publicado o

- Advertisement -

O Sergas está a levar a cabo unha árdua campaña de recortes en materia de servizos no sur lucense que está deixando ós veciños nunha situación de desamparo sen precedentes.

Dende CIG-Saúde Monforte denunciaron a primeira semana de xuño que o servizo de odontoloxía quedaba sen facultativos durante as vacacións. Desta volta, os prexudicados son os usuarios do servizo de fisioteriapia do Val do Asma.

O Centro de Saúde de Chantada contaba con 2 fisioterapeutas; un en quenda de mañá e outro de tarde. Sen embargo, na actualidade o centro só ten un profesional que traballa en horario de mañá e que atende a todos os usuarios desta unidade o que supón unha carga excesiva para o facultativo, mentras que o facultativo do servizo de tarde foi derivado para o Centro de Saúde de Monterroso. Xa hai 3 anos desta decisión por parte do Servizo Galego de Saúde provocando que o fisioterapeuta de Chantada teña unha lista de espera de 2 anos para un cita de pacientes crónicos ordinarios derivados da atención primaria e unha media de 2 meses para citas preferentes.

A profesional a cargo desta situación en Chantada atende a unha media de 25/30 doentes por día, aínda que ás veces o número de asistentes na súa consulta é superior. Un traballo que desenvolve respectando sempre a preescripción médica, onde tanto pode usar as mans para tratar ós doentes como o uso de máquinas destinadas para tal fin.

Con todo este problema sobre a mesa a Xerencia do Sergas respostou que a praza de fisio de Monterroso pertence a Chantada e que a de Chantada non se pode cubrir porque nas listas de contratación non hai persoal dispoñible na área de Monforte.

Dende a CIG-Saúde Monforte comprobaron que esta información era errónea e que nas listas de demandantes había 28 fisioterapeutas anotados.

Por todo isto dende CIG-Saúde Monforte solicitan que se restitúa a praza de fisioterapia anulada en Chantada en quenda de tarde e seguir mantendo a xa existente en Monterroso para poder axilizar as listas de espera deste servizo.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...