InicioEconomíaO plan de emprego da Deputación xera 97 postos laborais no sur...

O plan de emprego da Deputación xera 97 postos laborais no sur lucense

Publicado o

- Advertisement -

Os Concellos con menos de 20.000 habitantes son o obxetivo do plan de fomento de emprego, Depuemprego, do goberno provincial. No sur lucense este programa xerou 97 vacantes, 70 en Terras de Lemos en Chantada e os 27 restantes, na comarca de Sarria.

Actualmente, está aberta a solicitude dos primeiros postos laborais na Pobra do Brollón onde se demandan 1 condutor de desbroce, 1 condutor,3 peóns e 2 peóns de desbroce. Para poder optar a estas vacantes, os interesados deberán de acudir á Casa do Concello.

Do mesmo xeito, na comarca de Sarria as vacantes ofertadas son; 3 peóns para O incio, 5 peóns de servizo múltiples para Láncara, 3 peóns de obras públicas para Paradela, 4 peóns de obras e 1 arquitecto para O Páramo, 4 peóns de obra para Samos, 1 técnico de turismo, 1 técnico de administración xeral e 1 dinaminazor cultural para Sarria e finalmente, 2 peóns para Triacastela.

Por outra banda, os concellos da comarca de Lemos dispoñen de 2 operarios de servizos múltiples en Bóveda, 1 oficial de xardíns, 1 oficial electricista e 1 auxiliar administrativo para Monforte, 8 peóns para Pantón, 1 peón de servizo múltiples, 1 animador sociocultural, 1 limpador, 1 operario de cámara para a rtmq, 1 peón forestal e un auxiliar administrativo para Quiroga. Ribas de Sil contratará a 1 arquitecto técnico, 1 peón de protección civil, 3 peóns de obras públicas e 1 oficial de primeira. No Saviñao precísanse 1 chofer de tractor desbrozadora, 2 limpadores, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe, 1 monitor de tempo libre e 4 peóns. Para Sober, 1 auxiliar administrativo, 1 peón pintor, 1 técnico de turismo, 1 auxiliar viticultura, 1 monitor de deportes, 1 técnico informático, 1 técnico medioambiental, 1 auxiliar de protección civil e 1 peón de tractor.

Finalmente, no Concello de Chantada as vacantes ofertadas son 1 peón especialista gravillador, 1 peón especialista rego asfáltico, 1 palista oficlal de primeira, 1 condutor de camión oficial de primeira, 1 condutor de cuba oficial de primeira e 1 condutor tractor desbrozadora oficial de primeira. En Monterroso precísanse 3 peóns de obras públicas, 1 péon condutor, 3 peóns condutores, 1 mestre de escola infantil e 1 coidador para vivenda comunitaria.

Sonsoles López Izquierdo, deputada de Promoción Económica e Social destacou que “a xeración de emprego de calidade na provincia é un dos piares que sustentan as políticas que desenvolvemos dende a Deputación”.

 

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....