Investigado por falsidade documental un veciño de Chantada

O investigado que conducía sen facer uso do cinto de seguridade, circulaba co seu turismo coa ITV falsificada e carecía do seguro obrigatorio.

Garda Civil control / Garda Civil

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño da localidade lucense de Chantada, de 39 anos de idade como suposto dun delito de falsidade documental.

Os feitos teñen lugar na praza de Santa Ana da localidade chantadina, onde se procede a identificar ó condutor dun turismo que circulaba sen facer uso do cinto de seguridade, cando os axentes proceden a informar da presunta infracción cometida, comprobaron como o vehículo levaba o sinal regulamentario V-19, coa ITV en vigor ata abril do actual, con todo non fora sometido a inspección desde o mes de xullo do ano 2019.

Así mesmo tiña caducado o seguro obrigatorio do turismo desde o ano 2019. A persoa investigada foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Chantada

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here