InicioCulturaChantada de cine

Chantada de cine

Entre o 13 e o 17 de agosto Chantada celebra a 25 edición da Semana Internacional de Cine nos escenarios Cinema Palleiriso, Muiño da Alameda, auditorio municipal e na praza do Cantón

Publicado o

- Advertisement -

A 25 semana de Cine de Chantada ábrese este luns día 13 con dúas actividades centradas na proxección de curtas galegas, ás 19.00 a cita será no Palleiriso na aldea de Garabelos e ás 22.00 no Muíño da Alameda.

O día 14 no auditorio de Chantada proxectarase a partir das 19.00 h. “A princesa do Caurel” e “Peter Rabbit” e no Palleiriso ás 22.00 haberá concerto de Blues do País.

A xornada festiva do día 15 contarase cun obradoiro sobre Fotografía azul na Casa da Cultura ás 17.00. Na Praza do Cantón a partir das 22.00 proxectarase “Nai e mestra” e “O gran Showman”. O día 16 a partir das 22.00 na Praza do Cantón farase proxección sobre a xornada “Cine para coidar a terra” que tivo lugar no palleiriso. O punto e final porase o día 17 ás 22.00 na Praza do Cantón, primeiro co espazo de Conversas sobre o Folión de Carros para rematar coa proxección de “A forma da auga”.

A Semana Internacional de Cine de Chantada, organizada polo Cinecluble Os Papeiros e o Concello de Chantada, saca así o cine á rúa un ano máis.

 

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...