20.000 euros da Deputación para a actividade cultural de Chantada

Os fondos destínanse a cine, teatro, pintura e ás axudas de concorrencia competitiva para unha ducia de asociacións culturais.

Presentación programa cultural Chantada / Deputación Provincial

Algunhas das iniciativas que se financian a través das axudas de concorrencia competitiva son o Folión de Carros, a posta en valor dos cruceiros, a revista Alicerces ou o Magosto cultural. 12.000 euros para un total de 12 asociacións.

A Deputación tamén aporta 3.000 euros para a organización da 25 º Semana do Cine que se celebra ata o 17 de agosto na vila e da que xa lles demos conta en Xornal de Lemos. 2.000 euros son para o curso de pintura que se celebra nesta localidade e outros 3.000 euros destínanse á Mostra do Teatro Maruxa Villanueva, que este ano celebra súa XXVIII Edición

A aportación da Deputación posibilita ofrecer estas actividades de balde e contribúe a dinamizar social e económicamente esta comarca, segundo apuntou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.

 

         Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

      Teatro na Praza do Cantón a partir das 22:00 horas

  • Luns, 20 de agosto, o grupo O batande Cangas de Foz presentarán a actuación Bicos de vinagre, escrita polo mindoniense Francisco Piñeiro.
  • Martes, 21 de agosto, o Centro Teatral Faro Miño de Chantada presenta a obra “Madialeva”. Ao remate, actuará o grupo de baile “Swagger”.
  • Mércores, 22 de agosto, a Compañía Visto y no visto de Madrid, presenta No somos nadie”.
  • Xoves, 23 de agosto, a compañía madrileña Bennu TetrorepresentaráMardito hoppita”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here