Feridas dúas persoas atropeladas por un vehículo que continuou a marcha

Aconteceu na noite do pasado martes en Chantada.

Ambulancia medicalizada / pontevedraviva.com

Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración tras ser atropeladas na noite deste pasado martes no termo municipal de Chantada por un vehículo que continuou a marcha.

Segundo informaron o 112 Galicia, dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, despois de ser atropeladas por un turismo que circulaba pola antiga estrada de Ourense, á altura do campo de fútbol de Chantada.

Foi un particular quen, sobre as 22,30 horas do martes, chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda e indicou que acababan de atropelar ao seu marido e o coche continuou a marcha.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Chantada e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Fontes sanitarias concretaron que ao lugar desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico e persoal sanitario da PAC de Chantada, así como unha ambulancia de soporte vital avanzado que evacuou ao home J.R.G.B., de 61 anos, ao Hospital de Monforte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here