Accidente de tráfico en Chantada

Ambulancia. Fonte: Xunta de Galicia

A primeira hora da mañá do martes 4 de agosto, un veciño de 50 anos sufriu unha saída de vía -por causas que se descoñecen– co coche no que viaxaba en Quintela, no concello de Chantada.

No suceso, que tivo lugar ó redor das 9 da mañá, soamente se viu implicado o vehículo sinistrado e o conductor foi trasladado, de xeito inmediato, ata o Hospital Comarcal de Monforte.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse unha ambulancia do 061, efectivos da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros da localidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here