Lavado de cara aos xulgados de Monforte, Sarria e Chantada

A Xunta ven de mellorar as instalacións dos edificios xudiciais da provincia cunha inversión de 115.000 euros.

Xulgado de Monforte/G.M.

Os xulgados de Monforte, Sarria e Chantada veñen de ser obxecto de melloras para garantir o bo estado das instalacións e propiciar a súa modernización. Trátase de conseguir edificios máis funcionais e confortables, dotados de novos dispositivos de seguridade e de medidas para reducir o consumo enerxético.

En Monforte de Lemos púxose a punto a fachada do edificio, que foi obxecto de pintado e tratamento, reparación de gretas e limpeza dos canlóns. No interior tamén foi restaurada a pintura de zonas comúns e despachos.

Ademais, tanto os xulgados de Monforte como os de Chantada foron provistos de novos sistemas de seguridade, mediante a instalación de senllas centrais de incendios e  evacuación. No caso dos xulgados de Sarria acondicionouse oxardín interior do edificio.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here