350.000 euros da Deputación para infraestruturas deportivas en Chantada

As obras principais desenvólvense no campo de fútbol do Sangoñedo e no pavillón municipal.

Visita pavillón Chantada / Deputación Provincial

A Deputación ven de comezar coa renovación do céspede artificial do campo municipal de Sangoñedo, unha vella demanda dos equipos de fútbol de Chantada. Destínanse a esta renovación 266.000 euros e beneficiarase aos veciños, aos dous equipos de fútbol que xogan na Primeira Autonómica, o Sociedade Deportiva Chantada e o Atlético Chantada, e aos participantes na escolas deportivas municipais.

Próximamente comezarán as obras de acondicionamento do pavillón municipal ás que se destinan 80.000 euros. O pavillón é a única instalación deportiva cuberta de titularidade do Concello e emprégao o CB Chantada, equipo de baloncesto que compite na Liga EBA. A obra consistirá na renovación do parqué e na construción de rampas de acceso para as persoas con diversidade funcional.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here