Chantada, unha Vila en Flor

“Vilas en Flor” é unha iniciativa impulsada pola Fundación Juana de Vega, a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría e a Asociación de Viveiristas de Galicia, co obxecto de impulsar a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos.

Xurado do Certame en Chantada / Concello de Chantada

O xurado do certame “Vilas en Flor”, para poboacións galegas de menos de 50.000 habitantes, concedeu a Chantada e Allariz as máximas puntuacións. Ámbolos dous municipios recibiron catro “Flores de Honra”, cando a puntuación máxima son 5. As bases do certame establecen que a entrega de galardóns terá lugar no concello gañador, ao haber empate elíxese Chantada para o acto de entrega, pola súa  posición más central dentro de Galicia.

O xurado do certame estivo composto por Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega; Serafín Ros Orta, enxeñeiro técnico agrícola e exdirector de Medio Ambiente do grupo Eulen, e Alfonso Ruano Prieto, enxeñeiro técnico agrícola e ex xefe de área da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Organización e xurado do certame en Allariz / Fundación Juana de Vega

“Vilas en flor”, desenvólvese en Galicia por primeira vez, seguindo o modelo doutras comunicadades como Cataluña, Aragón, Canarias ou Valencia, e o modelo implantado noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá.

O programa “Vilas en flor” pretende a mellora estética e funcional do territorio a través do recoñecemento público de actuacións medioambientais, como obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. Coa entrega das “Flores de Honra” recoñécese a traxectoria e as acción desenvoltas polos concellos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado do entorno.

Deste modo, os municipios son recoñecidos pola axeitada implantación e xestión dos espazos verdes, contribuindo ao desenvolvemento económico local, xerando actividade no sector da xardinaría e aumentando o número de visitas turísticas. Existen rutas específicas para os municipios que participan nestes programas, impulsando unha marca de calidade local.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here