Chantada é feminista

O Centro de Información á Muller (CIM), a Asociación de empresarios de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organizan o concurso Chantada é feminista que se denvolve entre o 26 de outubro e o 23 de novembro.

CCA Chantada / Mónica Cerqueira

O CIM e os empresarios chantadinos colaboran por primeira vez para organizar esta actividade coa que pretenden conmemorar o día 25 de novembro, Día da non violencia por cuestións de xénero. A fórmula escollida é a dun concurso que leva por nome Chantada é feminista e que ten como obxectivo principal divulgar a realidade do movemento feminista e sensibilizar á veciñanza na igualdade real entre homes e mulleres.

Cada venres faise unha pregunta a través das redes sociais da Asociación, do concello e en Televinte. Quen desexe participar debe de enviar a resposta antes do venres seguinte ao correo acia@chantada.com ou a través do buzón colocado para esta finalidade no CIM e no local da asociación, indicando no asunto: resposta á pregunta número …. O gañador terá unha cea para duas persoas nun restaurante do concello.

As preguntas plantexadas a través deste concurso pretenden servir para reflexionar sobre o papel da muller na historia e chamar a atención sobre fitos importantes para acadar a igualdade de xénero.

Coa primeira pregunta remóntanse a 1931 e queren saber como se chama a muller que votou a favor de que as mulleres votaran en igualdade de condicións que os homes.

Cartel da primeira pregunta do Chantada é feminista

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here