CIG-Saúde solicita unidades de fisioterapia nos centros de saúde de Monforte e Quiroga

A creación destas novas unidades reduciría as listas de espera destas zonas e desconxestionaría o servizo de fisioterapia de Chantada, segundo apunta o sindicato.

Centro saúde Monforte / jrcasan.com

CIG-Saúde denuncia a discriminación que sofre a Zona Sur de Lugo pola non potenciación da fisioterapia nos Centros de Saúde, aseguran que só Chantada ten un Servizo de Fisioterapia e conta cunha longa lista de espera de ata dous anos. Tamén cren que é un problema a lista de espera para recibir os tratamentos no servizo de fisioterapia do Hospital Comarcal de Monforte.

Na zona sur, a Unidade de Monforte de Lemos  atende a unha poboación 30.754 habitantes, Quiroga atende a 5.333 habitantes e Chantada a 10.637 habitantes. O sindicato pon de exemplo a Mariña con 3 unidades de fisioterapia para atender a unha población similar e menos dispersa que no sur de Lugo.

Para equilibrar a situación, consideran que é necesaria a creación de dúas novas unidades de fisioterapia nos Centros de Saúde de Monforte e Quiroga. Deste modo aseguran que baixaría a lista de espera e melloraríase a atención dos pacientes con patoloxías crónicas. Os facultativos de atención primaria derivarían directamente aos fisioterapeutas dos seus centros de referencia sen ter que pasar polos médicos rehabitadores, axilizando os tempos de espera.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here