InicioEconomíaImpulso do comercio en Monforte e Chantada

Impulso do comercio en Monforte e Chantada

A  Consellería de Economía apoia con 80.000 euros ás asociacións de comerciantes de Monforte de Lemos e Chantada para o desenvolvemento dunha vintena de accións de dinamización comercial.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, vén de manter reunións de traballo en Monforte, cos representantes do Centro Comercial Urbano e en Chantada, cos respresentantes do Centro Comercial Aberto. O obxectivo das xuntanzas era coñecer o tipo de accións que desenvolven estas entidades. O comercio de proximidade organiza nestas localidades feiras de oportunidades, accións de fidelización e actividades de fomento das vendas en datas puntuais como o Nadal. Igualmente, axudan a mellorar a sinalización comercial e a formación dos empresarios do sector. Este tipo de iniciativas contribúen á dinamización social da contorna, ofrecendo oportunidades para o tempo de lecer.

Balseiro sinalou que o respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, impulsando o smart commerce e o comercio electrónico, e potenciando o comercio excelente.

O Páramo e Portomarín mellor comunicados

Tamén desde a Xunta véñense de rematar as obras da estrada LU-613 entre Portomarín e O Páramo. Os traballos consistiron en reparar o pavimento nun treito de case 6 quilómetros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adicou a estas obras preto de 400.000 euros. Paralelamente, nesta vía autonómica foi acometida unha obra de emerxencia cun orzamento de 172.000 euros, como consecuencia do derrubamento dun muro o pasado mes de xullo en Pedrouzos. Neste punto, o departamento de Infraestruturas construíu un novo muro de escollera de 40 metros de lonxitude.

Visita LU-613 entre Portomarín e O Páramo / Delegación Territorial Lugo

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...