Ribeira Sacra chega a Italia da man de Dolores Redondo

A escritora, que gañaba o premio Planeta no 2016, co libro "Todo esto te daré", ambientado na Ribeira Sacra, segue espallando este territorio por todo o mundo, ao ver traducido o libro a máis de 22 idiomas. O libro está de promoción en Italia e a edición italiana de Vanity Fair falou con Dolores Redondo, a autora definiu a Ribeira Sacra como “unha das zonas máis espectaculares de Galicia, e atreveríame a dicir, que de Europa”.

Ribeira Sacra paisaxe / XdL

O artigo de Fabiana Salsi no Vaniy Fair leva por título “Cinco razóns para visitar Galicia”. Antes da entrevista coa escritora Dolores Redondo, o artigo fala de Galicia como unha das rexións máis fascinantes de España e asegura que mentres se le “Todo esto te daré” o lector quere vir coñecer Galicia. Unha Galicia da que destacan Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago, os quilómetros de litoral e as aldeas,  montañas e bosques do interior.

Para promocionar “Todo esto te daré” en Italia, púxose en marcha un concurso a través da web contestredondo.deaplanetalibri.it. Trátase de respostar a 3 preguntas relacionadas coa novela ou a autora para participar no sorteo duha fin de semana en Galicia ofrecida por Tour España, que levará  ao gañador desde Santiago ata a Ribeira Sacra, “un territorio atravesado polos ríos Sil e Miño, onde se atopan algúns dos mosteiros máis antigos do cristianismo, e moi coñecido polos seus viñedos que se colgan de montañas escarpadas e nos que se producen uns dos mellores viños de España”, recolle Vanity Fair.

Todo esto te daré / Facebook Dolores Redondo

Despois da información do concurso, preséntase a entrevista, Galicia, segundo Dolores Redondo. A autora, que ten vínculos familiares con Galicia, explica que comezou a pensar na trama da novela sen ter decidido o contexto xeográfico. A través da súa irmá coñece a Ribeira Sacra, “segundo a pisei, inmediatamente me dín conta de que era era perfecta para a miña novela”, comenta Dolores Redondo, que viaxou durante 3 anos a Galicia para coñecela en profundidade.

O esceario, o contexto xeográfico, é unha peza clave nas novelas de Dolores Redondo “quero que o territorio connote aos personaxes. Na Ribeira Sacra atopei persoas orgullosas que decidiron vivir nun lugar que quizáis non sexa o máis fácil e que loitan contra o vento, a choiva e a grandeza da natureza. Son as persoas que crearon as paisaxes vitícolas dos ríos Miño e Sil e que permitiron que os viños desta zona acadaran o prestixio do que hoxe gozan.”

A autora recomenda como lugares esenciais en Galicia, Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra, “para documentar ben a novela fixen varias viaxes alí e agora estou completamente namorada dos seus viñedos, os seus ríos, os bosques, os magníficos mosteiros e igrexas románicas e moitas aldeas pintorescas”.

Dolores Redondo en Vía Romana / Vía Romana

 

Como experiencias necesarias para vivir na Ribeira Sacra, Dolores Redondo recomenda navegar o canón so Sil e o río Miño, custodiado por viñedos; as adegas, que califica de esenciais, especialmente Vía Romana, cuxo balcón inspirou a adega da novela; Belesar e o Mosteiro de Santo Estevo. Para quen lle guste camiñar, Dolores Redondo, suxire facer o Camiño de Invierno, “un dos Camiños a Santiago que pasa por Monforte de Lemos e Chantada”.

E como direccións imprescindibles Dolores Redondo propón, para comer,  o restaurante Os Pendellos en Chantada, para durmir Casa Grande de Rosende en Sober, “un edificio noble típico galego, austero e agradable”, ademais da adega de Chantada, Vía Romana.

Dolores Redondo en Casa Grande de Rosende / Casa Grande de Rosende

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here