InicioPolíticaO PSdeG-PSOE de Chantada levará ao Parlamento de Galicia os problemas de...

O PSdeG-PSOE de Chantada levará ao Parlamento de Galicia os problemas de subministración eléctrica do polígono dos Acivros

Os frecuentes cortes e os problemas na subministración ocasionan o reinicio da maquinaria que trae como consecuencia a perda de tempo e da produción.

Publicado o

- Advertisement -

O grupo socialaista de Chantada, vai levar á Comisión de Enerxía e Industria do Parlamento de Galicia as seguintes preguntas relativas ós continuos fallos no suministro eléctrico do polígono industrial dos Acivros:

  1. É coñecedora a Xunta de Galicia dos problemas existentes na calidade do subministro de enerxía eléctrica en moitos lugares de Galicia?
  2. É consciente de que en moitos casos, estes fallos no subministro prodúcense de maneira reiterada, afectando a calidade de vida dos cidadáns e o normal desenvolvemento da actividade económica?
  3. Coñecen concretamente os problemas que se levan producindo dende hai anos no polígono industrial de Os Acivros no concello de Chantada?
  4. Teñen previsto desenvolver e potenciar, xunto coas compañías subministradoras, un plan de mantemento e mellora das liñas eléctricas nos ámbitos rurais de Galicia?
  5. Teñen procedido a apertura de expedientes as compañías subministradoras para facilitar que as e os usuarios podan reclamar as compensacións pola ausencia de subministro?
  6. Que teñen pensado facer en relación cos problemas de subministro que se teñen producido no polígono industrial de Os Acivros no concello de Chantada?

Esta iniciativa ven despois da visita que unha delegación dos socialistas chantadinos fixo durante o mes de outubro ó Polígono dos Acivros, onde tódolos empresarios coincidiron en que os habituais cortes ocasionan problemas, como o reinicio da maquinaria, coa conseguinte perda de tempo e incluso da producción.

Os socialistas manifestan que en datas recentes acordouse una presunta solución ó problema, pola seguen agardando en concellos lindeiros, como o do Saviñao. Lamentan que non haxa ninguna garantía por escrito nin ningún compromiso asinado de que os problemas de suministro eléctrico que sufre o polígono dos Acivros vaia ser solventado de xeito inmediato.

Dende a Agrupación Socialista de Chantada agardan que tanto a Xunta de Galicia como a empresa suministradora de enerxía eléctrica ó polígono dos Acivros dean solucións concretas.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...