InicioDeportes18.000€ para o Club Baloncesto de Chantada

18.000€ para o Club Baloncesto de Chantada

A Deputación destinará 18.000 euros, cos que colaborar nos gastos de tempada desta agrupación deportiva.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, Darío Campos, xunto á Deputada pola Comarca de Chantada, Pilar García, mantiveron un encontro cos xogadores e equipo técnico do Club Baloncesto de Chantada no que se lle manifestou que a Deputación destinará 18.000 euros,  cos que colaborar nos gastos de tempada desta agrupación deportiva.

O Club conta con 2 equipos senior, un que compite na Liga EBA en categoría absoluta, e outro en 3º división nacional. Ademais, tamén colaboran coas escolas deportivas, nas que participan máis de 200 rapaces de 7 a 13 anos.

O Club Baloncesto Chantada, dispón dun equipo principal que, dende o 2000, está na Liga EBA. De feito, é o único equipo a nivel nacional que leva 18 anos competindo nesta categoría de xeito ininterrompido, o que dá mostra da importancia deportiva do Club. Tamén, durante esta tempada 17-18; o equipo absoluto participou na fase de ascenso á categoría LEB Prata, quedando ás portas da tan ansiada subida

Foi acondicionado o pavillón municipal, onde o equipo realiza os adestramentos e as competicións. As obras consistiron na renovación do parqué e na construción de ramplas de acceso para as persoas con diversidade funcional. Para estas obras a Deputación destinou 80.000€

 

 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...