Aprendendo igualdade nos colexios de Lugo

Este evento está dirixido para máis de 10.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria da Lugo

Sonsoles López e Xosé A. Perezo/Deputación de Lugo

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o escritor Xosé A. Perozo son os encargados de facer visible a campaña “Aprendendo Igualdade” que está concibida para fomentar entre o alumnado actitudes favorables á educación e á convivencia en igualdade entre nenas e nenos. A través do libro “Vanesa non quere ser princesa” dende o goberno provincial preténdese que os centros teñan elementos eficaces cos que aprender igualdade nas aulas.

Deste xeito, os rapaces traballarán co libro escrito por Xosé A. Perozo e desenvolverán diferentes actividades de pintura, música, matemáticas ou manualidades, entre outras.

Os centros de Terra de Lemos que formarán parte deste proxecto son: CEIP da Pobra do Brollón, CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada, CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, CEIP Infanta Elena de Monforte, CEIP Plurilingüe de Monforte, CEIP do Páramo, CEIP de Quiroga, CEIP de Samos, EEI de Sarria, CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, CPI San Tomé do Carballo de Taboada e CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here