InicioPolíticaMáis de 2 millóns de euros para reparar estradas do sur de...

Máis de 2 millóns de euros para reparar estradas do sur de Lugo

O presuposto anunciado pola Deputación de Lugo irá destinado ó arranxo de preto de 45 quilómetros de estradas provinciais do sur lucense

Publicado o

- Advertisement -

Láncara, A pobra do Brollón, Taboada, Ribas de Sil, Quiroga, Pantón e O Saviñao son os concellos beneficiados nesta nova actuación nas estradas por parte do goberno provincial.

O Presidente da Deputación, Darío Campos, avanzou que o o seu goberno vai investir concretamente 2.005.500 euros para arranxar un total de 43.5 quilómetros de estradas da súa competencia.

  • En Láncara arranxaranse 2.7 quilómetros da estrada que une A Pobra de San Xiao e Carracedo.
  • Na Pobra do Brollón, vanse arranxar 1.2 quilómetros dende Vilachá á Estación por Rozabales; tamén se arranxarán 2.2 quilómetros dende Santalla de Rei á Pobra por Saa, Veneira e Deroques e, finalmente 2.5 quilómetros entre Salcedo e A Pobra do Brollón.
  • En Taboada actuarase en 1.2 quilómetros no treito comprendido entre Taboada e Adá; 1.1 quilómetros entre Alto de San Xulián e Castelo e tamén, 1.1 quilómetros entre Taboada por Adá a Almuíña.
  • En Ribas de Sil arranxaranse 3.1 quilómetros entre San Clodio e o Alto da Cruz.
  • En Quiroga, 1.2 quilómetros entre Ponte Barreiro e Vilarbacú e 1.2 quilómetros entre o Alto de Aldriz e Vilar de Lor.
  • En Pantón, 3.3 quilómetros na estrada que une Ferreira e Currelos e 1.4 quilómetros entre Carme e Curro.
  • Finalmente, en O Saviñao, a Deputación traballará en 7 quilómetros da estrada que une Aiaz e Morgade e 3.1 quilómetros entre Porto e Vilaosende.

Estas actuacións levaranse a cabo, previsiblemente, durante a época estival.

 

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...