Sanidade retira do mercado os produtos dunha queixería de Taboada por falta de seguridade

Detectáronse "graves incumprimentos" nas instalacións de Lácteos Casa Macán, polo que se suspendeu a súa actividade. Recoméndase á cidadanía que non se consuman os produtos alí elaborados.

Queixo da marca Casa Macán / Campo Galego

Sanidade retirou do mercado todos os produtos da empresa Lácteos Casa Macán tras detectarse nas súas instalacións unha serie de incumprimentos “graves” que “non permiten garantir a seguridade” dos lácteos alí elaborados.

A actividade da empresa, con sede en Taboada, foi suspendida cautelarmente e Sanidade recomenda aos cidadáns que non consuma os seus produtos. Esta alerta sanitaria afecta a todos os lotes de produtos: manteiga cocida de vaca, queixos Arzúa Ulloa, queixo de tetilla, Arzúa Ulloa curado, queixo de barra Costeño e queixo galego en rebandas.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here