InicioEconomíaA cooperativa Aira de Taboada supera nun 10% o crecemento económico previsto

A cooperativa Aira de Taboada supera nun 10% o crecemento económico previsto

O Director Xeral da Cooperativa, Daniel Ferreiro, destacou que os resultados non poden ser máis positivos.

Publicado o

- Advertisement -

O venres 6 de xullo celebrouse no pavillón deportivo de Taboada a Asemblea Xeral Ordinaria de Aira que comezou a súa andadura o día 1 de xaneiro do 2018 tras a integración das cooperaticas Icos, Agris, Coelplan, Cogasar e a propia Aira.

Tras 6 meses a pleno rendemento xa como cooperativa de 1º grao, os temas claves da reunión foron o balance de resultados do ano 2017, a fixación de achega obrigatoria para ser socio e a análise do estado do plan de actuación para o 2018.

O Director Xeral da Cooperativa, Daniel Ferreiro, destacou que os resultados non poden ser máis positivos. O crecemento económico que había previsto para o 2017 era dun 3,5% e sen embargo, neste tempo foi mellorado ó 6%. Por outra banda, o volume de negocio alcanzado superou os 92,5 millóns de euros prognosticados, chegando aos 97,8 e ós 2,6 millóns de EBITDA (beneficio antes de xuros, impostos, depreciacións e amortizacións). Finalmente, Daniel Ferreiro manifestou que, “a proxección dos resultados dos 5 primeiros meses de 2018 elevaría o volume final de negocio ós 105 millóns  de euros en EBITDA de 3,5 millóns”. Nesta liña tamén é salientable que o investimento previsto para o 2018 era de 4 millóns de euros -fronte ós 2,5 millóns previstos inicialmente-, dos que xa se levan executados máis do 60%.

Nesta asemblea tamén se acordou o reparto de beneficios entre os socios; este farase en función do volume da actividade cooperativizada. Por outra banda, tamén se acordaron as cotas de entrada e a achega de capital para os novos socios.

Finalmente, na reunión analizouse o plan de actuación para o 2018 onde haberá 3 piares básicos; valorizar as producións das explotacións dos asociados, facer o máis rendibles posible os servizos prestados sen prescindir de ningunha das redes e seguir en 2019 a liña de crecemento iniciada.

José Manuel Tellado, presidente da cooperativa Aira destacou que un dos novos obxectivos é “optimizar as novas granxas, prestarlles asistencia de maneira máis próxima e eficaz posible e seguir apostando polos proxectos de transformación. Tamén seguiremos co compromiso adquirido da participación da cooperativa no proxecto empresarial galego DairyLac, promover a renovación do parque de maquinaria e o de garantir a mellora das delegacións”.

 

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...