Vandalismo no Camiño de Inverno

Seis fitos de sinalización deste camiño a Santiago foron destrozados presumiblemente por mor de actos incívicos.

Sinalización Camiño de Inverno /Asoc. Camino Invierno por Ribeira Sacra

O Camiño de Inverno acaba de sufrir as consecuencias dos vándalos no trazado que discorre entre a ermida do Faro e o límite entre Rodeiro e Chantada. Durante a madrugada foron derrubados 6 fitos sen motivo aparente. 5 deles arrincáronos da súa base e 1 partírono ó medio. Non se entende como puideron chegar a cometer este acto vandálico nin os motivos que levaron ós autores a cometelos.

Este destrozo coincide co anuncio por parte da Xunta de Galicia da construción dunha área de descanso para peregrinos no monte do Faro, no límite das comarcas do Deza e o Concello de Monforte de Lemos.

O Camiño de Inverno, que hai 2 anos foi recoñecido como ruta xacobea tras 18 anos de loita por parte da Asociación Camino de Invierno por Ribeira Sacra, non é a primeira vez que sofre danos desta índole.

Pedra rota/Facebook
Pedra arrancada da súa base/Facebook

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here