InicioComarca de ChantadaTaboadaArden sete coches antigos nun alpendre den Taboada

Arden sete coches antigos nun alpendre den Taboada

Membros do GES de Monterroso confirmaron que sete coches antigos que había no interior do alpendre quedaron calcinados na súa totalidade.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de sete coches antigos arderon no incendio dun alpendre no municipio de Taboada, no lugar de Ralle, en Vilela.

Segundo informa o 112 Galicia, un incendio derrubou por completo un alpendre en Taboada. Ademais, o lume iniciado nunha palleira propagouse a outro alpendre anexo, o que afectou o tellado, madeira e distinto material.

Membros do GES de Monterroso confirmaron que sete coches antigos que había no interior do alpendre quedaron calcinados na súa totalidade. Pola contra, os medios de extinción, lograron evitar que as chamas se propagasen a un terceiro alpendre lindeiro. Foi un dos afectados o que chamou ao 112 sobre as 17,00 para informar de que ardía un alpendre case pegado á súa casa, no cal almacenaba herba seca e, mesmo, produtos inflamables.

Foron alertados bombeiros de Chantada, membros do GES de Monterroso, Garda Civil e Protección Civil da localidade. Pasadas as 20,00 horas, o lume está controlado. Con todo, os bombeiros continúan no lugar arrefriando a zona co fin de lograr a súa total extinción.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...