Cita máxica na noite do 7 de setembro en Taboada

A parroquia de Castelo acolle a Festa da Queima das Fachas, Festa de Interese Turístico de Galicia desde o 2008.

Queima das Fachas / Asoc. Cultural As Fachas

Coa Queima das Fachas ábrense as festas na honra a Santa María na parroquia de Castelo, no concello de Taboada. Os veciños levan días cos preparativos e o día 7 toca colocar as fachas en círculo no castro de Castelo e despois ter cea de confraternidade para a continuación comezar co ritual máxico.

A festa conta con todos os ingredientes da simboloxía druida: o lume , o círculo e a chaira, en todo caso a función da queima non está clara. Podemos estar ante un ritual máxico-relixioso ou ante un modo de comunicación coas aldeas da contorna, entre outras hipóteses. O que si se sabe é que o rito se mantén inalterable desde hai centos de anos.

As fachas son estruturas feitas de madeira e agucios, que poden chegar aos 8 ou 9 metros de altura. Os agucios recóllense en xullo e agosto, deixanse secar e depois vanse montando sobre un tronco fino de madeira en sentido vertical, ensamblándose uns con outros. Elaborar a facha correctamente ten a súa recompensa na noite da festa, cando é a última en arder por completo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here