Un camión de trasporte de porcos sáese da vía en Taboada

Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

Un camión de transporte de porcos sufriu un accidente de circulación no municipio lucense de Taboada. Con este son dous os sinistros de similares características ocorridos este luns, con horas de diferenza, na rede viaria galega.

Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 8,00 horas deste luns, cando o vehículo de transporte precipitouse por un desnivel na N-540, á entrada de Taboada.

Aínda que o condutor resultou ileso, no interior do camión quedaron atrapados máis dun centenar de porcos, algúns deles mortos. Foi necesaria a actuación dos Bombeiros de Chandata para liberar aos animais.

Dáse a circunstancia de que dúas horas despois, no municipio ourensán de Piñor, outro camión de transporte de porcos sufría un accidente e quedaba envorcado. A consecuencia do impacto morreron algúns animais e outros quedaron soltos pola estrada.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here