IniciosociedadeTaboada comeza o outono con deporte e atención ao Alzheimer

Taboada comeza o outono con deporte e atención ao Alzheimer

O concello de Taboada comeza o día 25 de outubro as actividades das Escolas Deportivas. Os días 9 e 16 de novembro Fagal, Federación Alzheimer Galicia organiza un curso formativo para coidadores de persoas con demencia.

Publicado o

- Advertisement -

As Escolas Deportivas municipais de Taboada ofrecen para o curso 2018-2019, as seguintes especialidades: ximnasia de mantemento, patinaxe, tenis, pilates, running, spinning, aerobic, bádminton, fútbol sala, fitball, gap, psicomotricidade, zuma e batuka. As clases comezarán o 25 de outubro. Para participar é necesario inscribirse no concello ou chamando ao 982 46 53 01.

Xa para os días 9 e 17 de novembro, o concello colabora cunha actividade organizada por FAGAL, Federación Alzheimer Galicia, AFA Chantada e a Xunta de Galicia. Trátase dun curso formativo para coidadores de persoas con demencia que se impartirá na casa da cultura en horario de 10.00 a 14.00. Para participar é necesario inscribirse no 615 330 994.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...