InicioCulturaVolven as carrilanas a Folgoso do Courel

Volven as carrilanas a Folgoso do Courel

Será o 21 de xullo no marco da Festa da Cultura e a Tradición onde tamén haberá xogos rurais tradicionais.

Publicado o

- Advertisement -

Outro ano máis, o 21 de xullo, as carrilanas volverán descender polas prominentes pendentes de Folgoso do Courel. Os 1,3 quilómetros que separan o colexio público do Courel da Praza de Fonda da Vila, son o percorrido perfecto para que todos os afeccionados á velocidade teñan a oportunidade de pasar e facer pasar un bo rato ós presentes.

O descenso está enmarcado dentro das actividades realizadas na Festa da Cultura e a Tradición. Como todos os anos haberá trofeo para as tres carrilanas máis rápidas, trofeo para a máis orixinal e para a tradicional.

Logo de comer, celebraranse as Olimpíadas Tradicionais nas que os competidores participarán, no Souto da Carroza, para medir as súas forzas e destrezas en deportes rurais como a chave, a billarda, o lanzamento de boina, o corte de tronzón por parellas ou o arrebolamento de sacho.

Para máis información, todos os interesados poden chamar ó teléfono 982.43.31.34 e anotarse en todas as actividades nas que queiran participar.

Ó final do día, a verbena está asegurada para rematar a xornada de diversión bailando.

 

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...