Folgoso do Courel contará un ano máis co Campo de Traballo Xuvenil Internacional

Folgoso do Courel. A Seara. Fonte: Xunta de Galicia

O prazo de inscripción está aberto ata o 22 de xullo

O Concello de Folgoso do Courel contará un ano máis co Campo de Traballo Xuvenil Internacional no que participarán xovenes dende os 18 anos de España e outros países. As actividades que se levarán a cabo consistirán na conservación e a mellora dos contornos onde se sitúa o campo, ademais de colaborar en intervencións arqueolóxicas nos castros e xacementos de importante valor patrimonial e turístico existente na zona.

Pódese consultar toda a información na seguinte ligazón: Campo de traballo Folgoso do Courel

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here