InicioMedio ambiente e Patrimonio(Vídeo) “No Iribio, o mal está feito”: así quedou a paisaxe tralas...

(Vídeo) “No Iribio, o mal está feito”: así quedou a paisaxe tralas obras do parque eólico paralizado pola xustiza

"A destrución do medio xa é irreparable”, denuncia a asociación Roxín Roxal, que gravou o estado da Serra a vista de paxaro.

Publicado o

- Advertisement -

A Xustiza detivo a construción do Parque Eólico na Serra do Iribio, zona especial de conservación (ZEC) Os Ancares-Courel, a finais do ano 2019. Nese momento, a Xunta de Galicia mandou paralizar as obras, pero estas xa estaban bastante avanzadas.

Máis dun ano despois, a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal vén de publicar un vídeo no que mostra o estado en que se atopa actualmente a Serra. “No Iribio, o mal está feito. A destrución do medio xa é irreparable”, aseguran ao tempo que se poden observar os “destragos” provocados polas obras iniciadas para os megaxeneradores eólicos. 

Zonas restrinxidas ao acceso, grandes infraestruturas de formigón ou restos de obra son a nova realidade do Iribio. Dende Roxín Roxal fan un chamamento para que o acontecido nesta serra “sirva de referencia na loita contra a ameaza de todos os incontables macroproxectos” que se espallan ao longo do país. “Non deixemos que poñan un pé ou pagarémolo caro”, sentenzan. 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...