Extinguido o incendio forestal de Quiroga

Foto do lume sacada dende a aldea do Soldón da Seara. Foto: O Soldón da Seara (Twitter)

Tras 48 horas ardendo ininterrompidamente na parroquia de Outeiro, Quiroga, a Consellería de Medio Rural fixo público que na tarde do martes 4 de setembro, o incendio dábase por extinto.

O lume, que comezou o domingo ó redor das 17:30 da tarde, previsible mente, por mor dun raio, arrasou con 100 hectáreas de monte raso aínda que tamén arderon algúns carballos pero en todo momento non existiu perigo para a poboación da zona.

Foto do lume o domingo noite. Foto: Carlos

Durante a xornada o luns, xente que participou nos traballos de extincións, informaron a este xornal de que a choiva caída durante a tarde axudou a pórlle fin a este lume, sobre todo nas zonas de maior dificultade para o seu acceso como son as ladeiras e pendentes tan pronunciadas do Courel.

Para dar fin a esta catástrofe natural, nas labores de extinción traballaron 1 técnico, 11 axentes, 48 brigadistas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here