InicioMedio ambiente e PatrimonioEsquíos, corzos e mesmo un oso pardo: a fauna do Courel, capturada...

Esquíos, corzos e mesmo un oso pardo: a fauna do Courel, capturada en vídeo

As cámaras de fototrampeo permitiron ao alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra gravar un total de 15 especies da serra lucense.

Publicado o

- Advertisement -

Alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra – no Folgoso do Courel -, da man da súa profesora de Bioloxía, Lourdes G. Sotelo, conseguiu gravar a diversa vida animal da serra do Courel no marco dun traballo sobre a fauna que desenvolveron co apoio do programa de educación ambiental Voz Natura.

Nestas gravacións, capturadas durante o ano 2021 e 2022, poden observarse paxaros como o ferreiriño negro ou o gaio, morcegos, esquíos, corzos, xabarís coas súas crías, xenetas, gatos montés… E mesmo un exemplar novo de oso pardo.

O alumnado do colexio utiliza para estes proxectos cámaras de fototrampeo, que permitiron gravar un total de 15 especies entre mamíferos e aves. Unha mostra da riqueza faunística das serras galegas.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...