InicioMovementos sociaisMocións nos concellos do sur de Lugo e recollida de sinaturas, próximas...

Mocións nos concellos do sur de Lugo e recollida de sinaturas, próximas medidas de Neste Tren Cabemos Todxs

As mocións recollerán, entre outra peticions, o relevo xeracional do persoal ferroviario, o aumento das frecuencias de servizos rexionais e a supresión dos pasos a nivel na cidade de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma en defensa do ferrocarril público e social do Sur de Lugo está formada por: Confederación General del Trabajo (CGT), Sindicato Español de Maquinistas y Ayudantes Ferroviarios (SEMAF), Sindicato Ferroviario (SF), Sindicato de Circulación Ferroviario (SCF), Comisiones Obreras (CCOO), Unión General de Trabajadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG), Naúfragos do Paradiso, Esperta Monforte, Bloque Nacionalista Galego (BNG) e En Marea.

Nas últimas xuntanzas, a plataforma decidiu crear un plan de traballo que se iniciará coa presentación de mocións nos concellos do sur de Lugo, nas que pedirán:

  • Substitución xeracional en todo o persoal ferroviario e aumento do persoal de Renfe e Adif, internalizando todas as tarefas externalizadas.
  • O aumento das frecuencias e servizos rexionais que respondan ás necesidades reais dos usuarios. Cunha relación directa no traxecto Lugo-Monforte-Ourense- Vigo, con horarios que cubran as necesidades reais das persoas usuarias (un rexional que saia de Monforte ás 7:15 da mañá que poida enlazar co Avant 09480 das 7:55 de Ourense, podendo así estar á primeira hora da mañá en Santiago, 8:33, e A Coruña, 9:03, así como unha ligazón co último Avant 09201 con saída de Santiago ás 20:30 e chegada a Ourense ás 21:08)
  • Impermeabilización da liña e supresión dos pasos a nivel dentro do centro urbano de Monforte.
  • Instalacións seguras na contorna da estación coa instalación de ascensores que comuniquen as plataformas. É inaceptable que, despois dunha reforma na estación de Monforte recrecendo as plataformas, non se dispuxese a instalación de ascensores entre plataformas que faciliten o acceso ás persoas usuarias, tanto por comodidade como por seguridade. Tamén vemos como a luminaria resulta ineficiente e mesmo se observan danos e desprendementos nas plataformas, estando remocicados hai relativamente pouco tempo.

A plataforma iniciará tamén unha campaña de concienciación social para visibilizar todos os problemas ferroviarios que afectan aos usuarios do ferrocarril. E á súa vez pedir unha recollida de sinaturas para contar co apoio da veciñanza e non só co dos concellos.

Lembran que debe ser Monforte o nó ferroviario de mercadorías por excelencia en Galicia porque xa está construído, está a funcionar de forma plenamente operativa e só lle falta o tráfico e o persoal. Pola contra, aseguran que Ourense non ten a mesma capacidade en xestión de trens de mercadorías, e o vindeiro luns 1 de outubro inícianse as obras para adaptar a estación ás necesidades futuras coa chegada da ave. Consideran que crear agora un nó ferroviario de mercadorías en Ourense significaría modificar os plans proxectados co investimento que iso leva.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...